• s1.png
  • s2.png
  • s3.png
  • s4.png
  • s5.png
  • s6.png
  • s7.png
  • s8.png
  • s9.png

Restaurante en Silleda

Bodegón Trujillo

Bodegón Trujillo ofrece un espazo enxebre no que poder degustar todas esas especialidades da cociña tradicional galega nun entorno rústico e acolledor.

A súa singularidade atópase marcada polas súas instalacións; unha edificación en pedra e madeira. Na área de comedor, con capacidade para medio cento de comensais, dispóñense simbólicos elementos da cultura vitivinícola empregados como mobiliario.

A este local súmase unha ampla terraza en pedra que permite albergar ata cincuenta persoas e que, para maior comodidade dos nosos clientes, atópase parcialmente cuberta.

Se vostede desexa degustar unha boa ración galega regada co mellor viño ou acompañada dunha cervexa de adega, non o dubide. Bodegón Trujillo é o seu punto de reunión.

Zona barra Zona comedor Terraza